Agromou, no interior do meu ventre,

Unha estrela.

Deixa que me deite, 

Entre ti e o ceo.

Foi por apoiar, 

A miña cabeza no teu peito, 

Que chegou o océano, á cidade.

Detense o firmamento ante ti,

Cando coa túa presada de aire,

Que preña as cortinas,

Moves o meu cabelo.

E removes as follas de abril. 

Sigo buscando as palabras 

Que me desvelen a cor dos teus ollos.

Construímos coas nosas mans

Cada recuncho deste mundo.

Foi a herba fresca,

Baixo os teus pés,

Foi ali onde agochei as paisaxes,

Moito antes de que ti o souberas.

Conxuguei un poema,

Para atoparte,

Debaixo das árbores que atardecen,

Abrasadas.

E só espero que o teu sorriso,

Neste último verso, 

Cun murmurio de brisa,

Que escapa da cidade.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s