Técnicos de son 

Escorregou, 

Polos teus beizos, 

Unha pinga de augua doce.

Doce melancolía,

Que traspasou o inverno enteiro, 

E nos deixou exhaustos,

De tanto lembrar

Outros bicos,

Outras voces, 

Outras vidas…

Cansos de escapar de nós,

De tentar esquecer atardeceres, 

De correr en direccións opostas. 

Foi por iso, 

Que mirei os teus ollos húmidos, 

E vinos a kilómetros de min, 

Pero bicáchesme.

E destrocei a miña vida, 

Por lembrar o olor do teu champú,

Na miña cara.

Hoxe escribo dende lonxe,

Para que collas as miñas mans, 

Entre as túas,

E lles des calor. 

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s