Dádesme vida

Aos meus avós, pero especialmente ao meu avó, sempre lles gustou ter a casa chea de luces de nadal, era por iso que hoxe é un día relativamente triste, porque había que recoller todo outro ano máis. Tiña que deixar a un lado tódolos casettes de panxoliñas que tanto lle gustaban cantar. E vivir o que restaba de ano coa memoria do ben que o pasamos este nadal, porque realmente, e a pesares de todo foi especial. Porque non hai maior presente que ver sorrir á xente maior. Mais a min non me fai falla vivir dun recordo e maquinando unha excusa para poder voltar a reunirnos. Porque eu son feliz só con saber que a súa saúde decorre ben, alédame cada sorriso, entretenme cada verba.
Lémbraste de cando me dabas clases de matemáticas? Eu non che facía nin caso, porque non me interesaban o máis mínimo as matemáticas, só me interesa escoitarte falar, contar eses contos e escoitarte rir.
Lémbraste da horta, da avoa cantando, das papas matinais?
Sigo sendo aquela nena, sigo querendo voltar, e sigo pensando sempre nas cousas que faltan, pero que importan as cousas se vós seguides aquí?
Seguide sempre aquí.

2015/01/img_0086.png

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s